Esta fin de semana saíu a primeira revista da tempada. Como nos anos anteriores, está dispoñible durante os partidos, nos establecementos colaboradores, e a través da web en
"Multimedia/A Revista".
Dende aquí, hai que agradecerlle á persoa de José Antonio Otero "Josh", o esforzo realizado para que este número vise a luz.
A revista continuará sendo un atractivo diferenciador do C.B. O Meco, grazas ao recoñecemento que a publicación recibe pola súa calidade.
Temos tamén un novo álbum de fotos cos primeiros partidos dos equipos benxamíns e os alevíns femininos.
Á marxe da revista, os equipos do clube continuaron coa súa participación nas diferentes ligas:
2º División Sénior Masculina: CB Marín Peixegalego- 53, CB O Meco- 63
CB Marín Peixegalego (14-10-14-15): Romero, A. (3), García, J. (10), Comesaña, M. (18), Henríquez, J.E. (5), Mariño, A. (4) – quinteto inicial- Cidras, M.A. (2), Valero, C. (-), Férnandez, R. (1), Romero, J. (8) e Gallego, J. (2).
CB O Meco (23-16-14-10): Dani (7), Mario (10), Xoan (14), Bruno (21), Palermo (4) – quinteto inicial- Nacho (7), Lucas (-) e Popó (-).
Crónica por Sandra Mourelos: Tras a vitoria acadada polo Meco nun partido amigable de pretempada contra o Marín Peixe Galego, o conxunto meco desprazouse totalmente concentrado (e con catro baixas) ate Marín para disputar un novo encontro de liga. Así, durante a primeira metade do partido, a intensidade de xogo dos grovenses impúxose ante o conxunto local, marcando totalmente o ritmo do xogo, cunha dinámica marcada polo aproveitamento dos 24 segundos de ataque, un rápido movemento de balón, moitos roubos e un dominio claro nos rebotes. Desta maneira, o primeiro cuarto remataba cun parcial 14-23, favorable ao equipo visitante. O claro dominio dos xogadores do Meco veuse confirmado até o minuto 6 do segundo cuarto, onde o conxunto grovense acadaba un parcial de 2-15. Pero finalmente o encontro daba descanso cunha redución da vantaxe dos visitantes, cun parcial de 10-16 no segundo cuarto (o que supuxo un resultado de 24-39 ao descanso).
Tras os minutos de descanso os do Meco baixaron o ritmo de xogo e, así mesmo, os de Marín gañáronnos en rebotes (mostrando unha maior agresividade nos ofensivos). Porén, e a pesares de que os locais defendían cun sistema en zona, os do Grove moveron moi ben o balón no ataque, aproveitando as vantaxes, provocando un parcial de 14-14 (38-53). Finalmente, no último cuarto os visitantes careceron da tensión necesaria para volver facer seu o mando do partido, e os de Marín gañaron o último parcial (15-10), aínda que a vitoria sería para os do Meco, cun resultado final de 53-63 puntos.
Cadete Masculino: O Meco Bar Manos- 45, Extrugasa Río Ulla- 68
Cadete Feminino: Suminox Salnés Liceo- 32, O Meco Euromantenimientos- 51
Infantil Masculino: EDC Sanxenxo- 31, O Meco Indicadores.com.es- 90
Infantil Feminino: Xuven- 52, O Meco Astegal- 31
Alevín Masculino: CB Dorna- 53, O Meco Irmáns Forte- 3
Alevín Feminino: O Meco Academia Oxford- 41, O Meco Herbo-Venecia- 91
Benxamín Feminino: O Meco Don Can- 26, O Meco Agrícola O Con- 38
Benxamín Mixto: O Meco Qkorte Peluquería- 20, O Meco Raúl Salgado Abogados- 59