Crónica: O Meco para en seco a Allariz

calendar 15 Febrero 2012 | user Redacción | coments 0 Comentários
O Meco vs Allariz

Sénior Masculino: O Meco- 74, Allariz- 58

O conxunto que dirixen Manu Bello e Raúl Salgado vén de gañar a un CB Allariz que encadeaba 7 vitorias consecutivas. Os visitantes levaban dende finais de novembro sen perder. Non foi un encontro doado para os nosos xogadores, ás baixas xa coñecidas de Jon e Mouriño sumáronse esta semana Palermo e Popó.

Durante os dous primeiros cuartos a igualdade púxose de manifesto. O primeiro cuarto pechábase con táboas no marcador a 16, e ao descanso o marcador reflexaba un 28 a 28.

No terceiro cuarto o equipo logrou manter o nivel en ataque e aumentar a intensidade en defensa. O Allariz levaba tan só un punto nos 5 primeiros minutos de xogo, pero volvía a meterse no partido cara o final deste período, o marcador de 46 a 41 deixaba todo para resolverse nos últimos dez minutos.

E neses últimos minutos O Meco mantivo a concetración e non cometeu erros. Guiados por un inconmensurable Cayetano (25 puntos e 13 rebotes) e co acerto de Bruno (22 puntos), a vantaxe a falta de 4 minutos situábase en 16 puntos. Ata o final, o Allariz intentou recortar as diferenzas buscando anotar e parar o xogo, sen embargo non o lograron e o equipo suma así a novena vitoria da tempada.

O equipo afiánzase no quinto posto da clasificación, con opcións de entrar dentro dos catro primeiros. As lesións continúan afectándonos, pero unha vez máis tanto xogadores como corpo técnico seguen a demostrar que teñen carácter para gañarlle a calquera.


Cadete Feminino: Liceo- 37, O Meco Euromantenimientos- 49

Infantil Masculino: O Meco 
Indicadores.com.es- 86, Dorna- 59

Alevín Masculino: O Meco Irmáns Forte- 3, BBC- 53

Alevín Feminino: Marín Peixegalego- 64, O Meco Academia Oxford- 32

Benxamín Masculino: O Meco Raúl Salgado Abogados- 56, Dorna- 6

Benxamín Feminino: O Meco Don Can- 40, Marín Peixegalego- 10 

Bookmark and Share
Te gusta esta noticia?
NotIcias Relacionadas »

Deja un comentario »
Comentar logueado (Publicación inmediata)
Usuario:
Contraseña:
Comentar sin loguearse
nombre:
Los comentarios enviados por los usuarios no registrados está sujetos a la aprobación del moderador.
 
Comentario

basketgalicia
©todos los derechos reservados
Apuestas Deportivas Online!
Sigue los pronósticos de nuestros especialistas y participa en nuestra comunidad.
www.apuesta10.com
Poker Online
La mayor comunidad de poker online de España, sigue las noticias del poker español y mundial en poker10.
www.poker10.com