Crónica: O Meco cae ante o líder

calendar 30 Noviembre 2011 | user Redacción | coments 0 Comentários
O Meco contra Ourense
2º División Sénior Masculina: CB O Meco- 57, Ourense Capital Termal- 62

CB O Meco (13-15-12-17): Dani 
Prol (23), Popó (4), Bruno (7), Palermo (3), Xoan (10) - quinteto inicial - Mario (3), Nacho (2), Chavo (2) e Caye (3).

Ourense Capital Termal (14-14-20-14): Mendez, A (7), Placer, D (2), Poreta, DJ (3), Fernández, D (-), Santorin, O (8) – quinteto inicial - Feijoo, C (7), Pérez, R (9), Pato, R (6), Ladra, A (3), Vázquez, S (10), Pérez, A (2) e González, M (5).

Crónica por Sandra Mourelos: A oitava xornada de liga enfrontou ao CB O Meco contra o Ourense Capital Termal en terras grovenses. Se ben os contrincantes viñan pisando forte (son os actuais líderes da liga), os grovenses contaban coa incorporación de Chavo e Cayetano, e con Broja como “reserva” xa que aínda non está recuperado da súa lesión. Con este aumento do número de xogadores no banquillo, os locais saíron moi activos á pista, xa que poderían contar con máis tempo de descanso. A enerxía de ambos equipos rematou nun marcador de 13-14 puntos no primeiro cuarto, favorable para os visitantes. No segundo cuarto, baixamos un pouco a agresividade na defensa, e case sempre faltaba unha man arriba para entorpecer o tiro dos contrarios que, ademais, demostraron unha intensidade superior no rebote. Así, e tras un parcial de 6-0 no último minuto, os equipos marcharon ao descanso cun empate a 28-28 (cun parcial de 15-14).
 
No terceiro cuarto os rapaces do Meco seguían sen a intensidade defensiva necesaria, e faltáballes un pouco de concentración en ataque. No minuto 8 de xogo, dúas triplas de Dani e Mario volveron a meter dentro do partido ao equipo. Malia todo, o conxunto ourensán marchou cunha vantaxe de 8 puntos ao último cuarto, cun marcador de 40-48 (cun parcial de 12-20).
 
Aínda quedaban os últimos 10 minutos de partido por diante, pero o encontro estaba a ser moi complicado: Palermo lesionouse no minuto 4, e os contrarios estaban moi acertados no tiro. A vantaxe neste caso estaba nos tiros libres, así que había que aproveitar e sacar todas as faltas posibles. No minuto 9, e tras unha xogada de Bruno que rematou en 2+1, o marcador quedaba a 52-56. Os locais intentaron xogar a base de forzar faltas, e conseguiron poñerse dous puntos abaixo no marcador, pero o encontro rematou 57 a 62, dándolle a vitoria ao Ourense Capital Termal. Os rapaces do Meco non puideron controlar os nervios derivados da presión do final do partido, como ben dixo un dos seus adestradores, Manu Bello, “nos últimos minutos tiñamos máis corazón que cabeza”. 
 
Cadete Masculino: Sigaltec BBC- 51, O Meco Bar Manos- 52

Cadete Feminino: O Meco Euromantenimientos- 62, Marín Peixegalego- 73

Alevín Masculino: O Meco Irmáns Forte- 15, Liceo- 65

Alevín Masculino: O Meco Copyman- 55, CB O Grove- 57

Alevín Feminino: O Meco Herbo-Venecia- 75, Marín Peixegalego- 37

Alevín Feminino: Arxil C- 58, O Meco Academia Oxford- 8

Benxamín Feminino: O Meco Agrícola O Con- 45, Marín Peixegalego- 22

Benxamín Feminino: BB Pontevedra- 55, O Meco Don Can- 18

Benxamín Mixto: CB Vilagarcía- 55, O Meco Qkorte Peluquería- 22
Bookmark and Share
Te gusta esta noticia?
NotIcias Relacionadas »

Deja un comentario »
Comentar logueado (Publicación inmediata)
Usuario:
Contraseña:
Comentar sin loguearse
nombre:
Los comentarios enviados por los usuarios no registrados está sujetos a la aprobación del moderador.
 
Comentario

basketgalicia
©todos los derechos reservados
Apuestas Deportivas Online!
Sigue los pronósticos de nuestros especialistas y participa en nuestra comunidad.
www.apuesta10.com
Poker Online
La mayor comunidad de poker online de España, sigue las noticias del poker español y mundial en poker10.
www.poker10.com