Crónica: dura xornada para o CB Noia
1º División Sénior Masculina: CB Tui- 73, CB Noia- 44
O CB Noia xogaba a súa 8º xornada nunha pista complicada como é a do CB Tui (o que demostraban as súas 5 victorias consecutivas). Presentouse o equipo unha vez máis con baizas importantes como a de Víctor e Iván Bugallo. O cal motivou que viaxaran co equipos os junior Alex e Xandre que pouco a pouco van entrando na dinámica do conxunto.
O equipo xogou, posiblemente, un dos peores partidos que se poden recordar das últimas tempadas, cun cúmulo de despropósitos difíciles de explicar (erros no tiro, perdas…).
No primeiro cuarto sae o equipo descentrado, sentíndose incómodo na pista e alargándose dita sensación no 2º cuarto. O descanso chegouse con un 43-20. O 3º cuarto foi unha continua cadea de fallos por ambos conxuntos, como sinala o parcial (11-5, con Tui anotando 7 tiros libres). No último período puido maquillarse un pouco o resultado dado o acerto de Roi no tiro (2 triples e 4 tiros libres).
Quédalle o corpo técnico unha labor importante: a recuperación anímico do equipo para afrontar con garantías a próxima saída. O sábado 26 toca a difícil pista do Universitario Campus Ourense.
Cadete Masculino: Obradoiro- 100, Muebles Múñiz Noia- 42
Mal partido o xogado polo Noia en Santiago, perante un rival que non é tan superior como reflexa o marcador final. Tan só os primeiros 9 minutos do partido foron igualados. A partires de ahí os rebotes ofensivos do Obradoiro (o Noia capturou 5 rebotes en total, 1 en ataque) e as nosas perdas de balón propiciaron que a diferenza no marcador se fose ampliando a favor dos santiagueses ata chegar ós 58 puntos finais.
Cadete Feminino: CB Noia- 59, Pabellón Ourense B- 44
Era o 4º partido das noiesas e supuxo a súa 3º victoria da tempada. Un encontró que resultou moi igualado de inicio, ata que no 2º cuarto as locais, cunha boa defensa e ataques rápidos, despegáronse no marcador, alcanzando os 15 puntos de ó descanso. Tralo paso polos vestiarios mantívose a mesma tónica, logrando os 20 puntos de diferenza. Nese mesmo momento o conxunto ourensán cambiou a defensa zonal e provocou o atasco no xogo ofensivo do CB Noia. A boa defensa das locais nos permitiu sufrir ó equipo e manter as rendas por encima dos 10 puntos en todo momento
Para a próxima xornada, as noiesas Terán doble partido con dous desprazamentos complicados. O sábado en Ourense ante o Blanco Amor e o domingo a Santiago para medirse o Pío XII.
Infantil masculino: Kiosko Koly Puebla- 38, CB Noia- 50
Partido moi disputado no pavillón de Santa Baia, onde o CB Noia impuxo o seu ritmo dende o primeiro minuto, acadando rápidamente rendas superiores os 10 puntos (alcanzando os 22 no 3º cuarto). Destacar sobre todo a actitude de todo o conxunto e as gañas de facelo ben a pesar da inoportuna lesión de Pablo no quecemente que nos fixo dispor dun banco moi curto, facéndose notar o cansanzo no último cuarto.
Infantil Femenino: CB Noia- 15, Minerva- 55
Partido xogado no Alonso Rodríguez. Nesta ocasión o encontró tivo dúas caras, empezando forte nos primeiros minutos as noiesas, encarando o aro e agresivas en defensa. Nos seguintes minutos prodúxose o estancamento das locais, o que foi aproveitado polas santiaguesas para marchar no marcador. O Noia mellorou antes do descanso para tratar de evitar que a distancia fose demasiado grande. Á volta do descanso, mantívose a intensidade pero a falta de acerto e de decisión en ataque, unido a unha mala colocación provocou que a diferenza nunca deixase de crecer. Aínda así, bo partido do Noia, unha mostra do traballo que hai que continuar a facer.
NotIcias Relacionadas »
Deja un comentario »
|
Comentario
|
||
