Crónica: Artai firma unha notable xornada

calendar 23 Noviembre 2011 | user Redacción | coments 0 Comentários
Artai categorías inferiores
Junior Masculino: CB Artai- 68, Calasanz- 46 

Boa entrada de aficionados nas gradas do pavillón Bergantiños para asistir a oitava  victoria dos carballeses. Victoria lograda nun partido máis disputado do que sinala o marcador final pois os coruñeses puxéronlle as cousas moi difíciles ós locais. Gran partido dos colexiais, marcado pola excelente posta en escena, cunha defensa a todo o campo moi agresiva que permitiu moitos robos de balón a moitas opcións de canasta fácil.  Un parcial de 8-0 nos primeiros dous minutos facía pedir tempo morto a Cabana, para tratar de buscar unha solución a agresiva defensa local. So dous xogadores visitantes eran capaces de dificultar o xogo carballés, Alonso (autor de 20 puntos) e Davila (autor de 14). Con esa cómoda renda, os carballeses foron capaces de manter as diferencias e sumar unha victoria máis para o seu casilleiro.

Cadete Masculin: CB Artai- 90, BCA Elviña- 27 

Un partido xogado con exquisita deportividade. Dende o salto inicial quedou clara a diferencia entre os dous equipos; os carballeses encarrilaron o partido nunha saida fulgurante, cun parcial de 25 a 1. Destacar a participación dos doce xogadores convocados e o bo papel de David e de Pablo, dentro do bo tono xeral do equipo. Por certo, outra victoria máis e xa van 32 de forma consecutiva

Cadete Feminino: CB Culleredo- 47, CB Artai- 68

Sufridísima victoria das xogadoras de Jordi, nun partido moi complicado na parte final, onde as carballesas cehgaron con Nicole eliminada por faltas e con tres xogadoras con catro faltas. Segunda victoria consecutiva das de Jordi, que descansarán a semana que ven.
 
Infantil Masculino: CB Culleredo- 46, CB Artai- 99

Nova victoria do equipo infantil que vai a victoria por xornada. Neste caso, Cotelo gañoulle a partida a Jorge López, técnico local, gracias a un excelente partido e sobre todo a un gran primeiro cuarto, 7 a 32, claro e elocuente

Alevín Masculino: CB Artai- 64, Carballo Basket- 71

Alevín Feminino: CB Artai- 79, Carballo Basket- 29

Minibasket Grupo A: Compañía de María- 53, Artai A- 11 (a victoria cae do lado carballés por presentar sete xogadores o equipo rival).
 
Minibasket Grupo B: Calasancio- 53, Artai B- 3

  

Bookmark and Share
Te gusta esta noticia?
NotIcias Relacionadas »

Deja un comentario »
Comentar logueado (Publicación inmediata)
Usuario:
Contraseña:
Comentar sin loguearse
nombre:
Los comentarios enviados por los usuarios no registrados está sujetos a la aprobación del moderador.
 
Comentario

basketgalicia
©todos los derechos reservados
Apuestas Deportivas Online!
Sigue los pronósticos de nuestros especialistas y participa en nuestra comunidad.
www.apuesta10.com
Poker Online
La mayor comunidad de poker online de España, sigue las noticias del poker español y mundial en poker10.
www.poker10.com