Crónica: o Artai júnior lévase a liga
Catro victorias e tres derrotas é o balance deste fin de semana para os nosos equipos. Destacar a victoria dos juniors, o que lles da o título de liga e dúas derrotas por escaso marxen, a dos alevíns, que perdían ante Santa María do Mar por cinco e as cadetes por catro ante Obradoiro. Neste partido hai que lamentar a lesión de Alba Fidalgo, quen tivo que ir ó hospital por un golpe na cabeza e outro no codo.
LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 18-FIN LIGA REGULAR
Calasanz, 59-CB Artai,61
Parciais: 15-12; 28-30;48-43;59-61
Calasanz (15+13+20+11): Rouco (15), Fernández (4), Doval (4), Delgado (10), Dávila (19)-cinco inicial-Díaz, Nava, Rodríguez, Amado (3) e Fole (4).
Pero para lograr a victoria tiveron que pelexar ata o derradeiro segundo de partido e nesa tenaz resistencia do equipo local, moito tivo que ver o excelente prantexamento do técnico local. Camilo Dávila organizou ó seu equipo nunha pegaxosa defensa zonal duarnte boa parte do encontro e en ataque deulle total liberdade a Rouco e Dávila, para mover o balón e buscar, apurando ata o final as posesións, a mellor opción de tiro. Os carballeses non tiveron a paciencia necesaria en moitas ocasións para romper o entramado defensivo dos locais que minuto a minuto vían como a posibilidade da victoria estaba máis preto. Ademais os carballeses non tiñan o seu día no tiro, nin nos tiros libres (17 de 35, menos do 50%), nin no tiro exterior ( tres triples en todo o partido). Pese a eses números, os de Moreira solventaron eses incovenientes, incluido o verse por debaixo no marcador no terceiro cuarto (44 a 36), para nun final apretado levarse a victoria e o título para a capital de Bergantiños.
LIGA CADETE MASCULINO-XORNADA 11
Maristas., 54-CB Artai,83
Parciais: 6-24; 14-51;33-65;54-83
CB Artai (24+27+14+18): César (4),Carlos (17), Manu (10), Alex (2), Marcos (10), Pablo (2), Dani (8), David, Jaime (19), Manuel Barndón (3), Diego Mallo (2) e Aítor.
Siguen sumando os cadetes, líderes e invictos e iso que neste partido Cote non puido contar con Jorge (lesionado) e Xabi (convocado cos juniors).
LIGA CADETE FEMENINA-XORNADA 10
Obradoiro,55-CB Artai, 51
CB Artai (12+15+18+6): Zaida (8), Nicole, Uxía (2), María Pombo, Alba (19), Raquel (18) e Andrea (4).
Por pouco, por moi pouco se lles escapou a victoria as xogadoras de Jordi, nun partido marcado pola lesión de Alba, quen tivo que ser trasladada ó hospital tras sufir un golpe na cabeza, afortunadamente sen revestir gravidade.
LIGA INFANTIL MASCULINA-XORNADA 11
Calasanz, 41-CB Artai,51
CB Artai(13+13+12+11): Alex (4), David, Igor, Pablo, Fidi (2), Santi, Aítor (6),Andrés (20) e Sergio (5).
Once de once é o balance do equipo no que vai de temporada. Pese a non poder contar co seu máximo anotador, os carballeses venceron na difícil pista de Calasanz.
LIGA ALEVÍN MASCULINO-XORNADA 10
Santa María del Mar, 57-CB Artai, 52
LIGA ALEVÍN FEMENINA-XORNADA 10
CB Artai, 39-Culleredo,14
LIGA MINIBASKET-XORNADA 10
GRUPO A
NotIcias Relacionadas »
Deja un comentario »
|
Comentario
|
||
