Derrota do C.B. Arteixo basketgalicia.com ante o segundo clasificado, Baloncesto Cambre
CB Arteixo
Partido disputado ás 17:00 do domingo no Polideportivo Municiapal de Cambre.
Primeiro periodo (18-23). Comezaron ben os arteixáns no ataque, movendo o balón e anotando con facilidade e chegando a ter 10 puntos de vantaxe no marcador. Reaccionaron os cambreses e apretaron o tanteo ó final do periodo, aínda que a sensación era que os arteixáns tiñan o partido controlado.
Segundo periodo (37-40). Seguen os dous equipos anotando con relativa comodidade. Os arteixáns vólvense a poñer 10 puntos arriba, pero os minutos finais do periodo son claramente favorables ós locais, conseguindo acercarse no marcador e apretar o partido.
Terceiro periodo (59-48). Á volta do descanso Baloncesto Cambre incrementa a presión defensiva e os visitantes non atopan o camiño do aro Varias perdas de balón e bastantes ataques sen poder siquiera lanzar á canastra dos arteixáns, provocan que os cambreses se vaian cunha renda de 11 puntos a favor ó rematar o periodo.
Cuarto periodo (78-71). O C.B. Arteixo basketgalicia.com non se rende e achégase no marcador. Coma a xogar con máis velocidade e arrisca na defensa. Conseguiron colocarse a 2 puntos e con dous tiros libres para empatar a falta de 2 minutos, pero non se anotaron. Nos momentos finais Cambre non falla dende o tiro libre e lévanse a victoria.
Con esta derrota, os arteixáns practicamente din adeus ás súas posibilidades de disputar a fase de ascenso a 1ª División, xa que se atopa a 3 victorias do terceiro clasificado. Destacar o debut de Ariel coa camiseta do C.B. Arteixo
Baloncesto Cambre:
O acta está ilexible, polo que non podemos dispoñer dos anotadores.
Ad: Diego Fernández
C. B. Arteixo basketgalicia.com:
Diego (7), Guille Conchado (9), Manu (11), Rober (0), Mindi (4)-c.i.-
Ariel (8), Álex (9), Guille Vilanova (4), Adrián Martínez (13), Héctor (0), Antón (6).
Ad: Fran Lozano
NotIcias Relacionadas »
Deja un comentario »
|
Comentario
|
||
