Carballo Básket Xiria renuncia á Liga EBA

calendar 17 Junio 2011 | user Redacción | coments 0 Comentários
Renovaron a Arturo Ferraces

O club da comarca de Bergantiños emitiu o seguinte comunicado co que explica que sairá en autonómica.

Se a crise afectaba na semana pasada a Pío XII e a Extrugasa, esta semana tócalle o turno a Xiria. Non hai cartos en ningunha categoría e isto vai contra o noso baloncesto, por iso a entidade carballesa mandou a seguinte nota:

-O CARBALLO BÁSKET XIRIA VESE OBRIGADO A RENUNCIAR Á LIGA EBA

 -O CLUB AUMENTARÁ A SÚA ESTRUTURA E RECURSOS NAS CATEGORÍAS INFERIORES

 1-A crise económica e a reducción de investimento en patrocinios fixo que os dous últimos anos o volume de ingresos do Carballo Básket Xiria se reducira notablemente. A día de hoxe as previsións para a campaña 2011-12 están lonxe de cubrir o presuposto necesario para continuar coa estrutura de base e manter ao primeiro equipo competindo en EBA.

 2-A decisión da directiva é clara. Nas categorías de base non se vai reducir nin un euro o investimento. Manterase todo igual que nestes últimos anos. Polo tanto o equipo de Liga EBA non sairá en competición na temporada 2011-12.

 3-O primeiro equipo de Carballo Básket Xiria pasa a ser o ata agora sénior B, que tan brillante tempada fixo o ano pasado acadando o ascenso á Liga FGB.

 4-Péchase así un gran ciclo de 5 anos que comezou no 2006 co ascenso deportivo á EBA, anos nos que se paseou o nome de Carballo e de Xiria por Euskadi, Cantabria, Castela e León ou Asturias. O club ven de lograr a súa mellor clasificación histórica co 3º posto conseguido a campaña anterior na que xogou a fase de ascenso a Leb2. Se a situación o permite nun futuro a idea do club será voltar á Liga EBA.

5-Durante estes cinco anos o equipo mantívose nesta categoría nacional grazas ao esforzo inxente de toda a directiva, á aposta dos patrocinadores e ao apoio dos afeccionados. Todos xuntos desfrutamos co mellor baloncesto que se puido ver en toda a historia en Carballo. A todos eles, MOITAS GRAZAS e invitámolos a seguir participando no proxecto de club.

6-O Carballo Básket Xiria seguirá apostando por unha ensinanza de máxima calidade nas categorías inferiores. A renovación de Arturo Ferraces e de todo o corpo técnico ao seu redor amosa o noso compromiso coa base.

7-O camiño trazado cos rapaces seguirá sendo o mesmo, sumando esforzos cos demais clubs da nos área de influencia para seguir sendo o segundo deporte en número de licencias de Carballo e da Comarca de Bergantiños.

Bookmark and Share
Te gusta esta noticia?
NotIcias Relacionadas »

Deja un comentario »
Comentar logueado (Publicación inmediata)
Usuario:
Contraseña:
Comentar sin loguearse
nombre:
Los comentarios enviados por los usuarios no registrados está sujetos a la aprobación del moderador.
 
Comentario

basketgalicia
©todos los derechos reservados
Apuestas Deportivas Online!
Sigue los pronósticos de nuestros especialistas y participa en nuestra comunidad.
www.apuesta10.com
Poker Online
La mayor comunidad de poker online de España, sigue las noticias del poker español y mundial en poker10.
www.poker10.com